Voltar ao mesmo

Posted: miércoles, 12 de marzo de 2008 by Hari_Seldon in Etiquetas:
0


Pasado o tempo pensou nelo.
Estaba convencido de que había superado aquel tramo de melancolía dun tempo millor. Pero demostrouse que non. Unha cousa era o desexo e outra a realidade. A realidade non escondía o que él quería ocultar. Era a única que aínda que non lle deixaba ver toda-la verdade, podía entrever que o millor estaba equivocado nas súas inquietudes.
Pero claro, se para él a sua realidade era o seu pensamento, era difícil que se deixara ilumira pola realidade.
Todo era relativo neses día.
Casa cousa que facía, cada recordo atormentado, cada pensamento imaxinativo, todo iba na misma dirección.
¿Por qué?
Non, non podía ser, outra vez non. Xa pasara por aquelo, non era posible que se repetise noutra ocasión. Non o entendía, estaba confuso e anhelaba coñecer a resposta do seu tormento.
Cando fixo de tripas corazón e foi adiante pensaba que non había volta atrás, o camiño tiña unha soa dirección, un só trazo...
Máis as revoltas indescriptibles do seu corazón voltaron. Volveu aquel formigueo inquebrantable que cunha forza dun martelo facía romper a súa razón.
Os desexos de tanto tempo invertido rompeuse nun instante. Ten a sospeita de que nunca sabrá porqué as cousas voltan cando menos un as espera, será como un enigma que quedará no tempo, no seu tempo e na súa propia historia.
Un nudo na súa gorxa anunciaba que seguía afectado. Sentíu unha rabia tremenda por elo, porque quería demostrarse a él mesmo máis que a ninguén que aquelo foi pasaxeiro e que non tería que tratar máis con ese sentimento.
Pero...o final aceptouno, tarde ou temprano tiña que suceder. Tiña que aceptar que de cando en cando voltaría aquelo ao que tiña tanto medo e que no mismo momento de pensar nelo, tamén tiña unha pequena porción de mística superación persoal.
Voltar ao mesmo, algunha xente dí que a vida é cíclica... ¿será íso?

0 comentarios: