Día das letras galegas

Posted: domingo, 18 de mayo de 2008 by Hari_Seldon in Etiquetas:
0

Onte foi 17 de Maio. Día das letras galegas. Sinceramente non sei a quen llo dedicaron este ano. Home, é importante honrar a quenes apoiaron ésta fermosa lingua e a puxeron na primera orden intelectual gracias aos seus libros e escritos, pero máis alá de recoñecer a importante labor desta xente, creo que é máis importante darlle o valor que se merece a propia língua galega.Porque unha língua é unha das bases nas que se cementa unha cultura, ou case poderíamos dicir, a inversa tamén. E a galega (que é a que hoxe traio entre as miñas máns) ten unha riquísima raíz na cultura galega.Recordemos simplemente o gran valor que tivo o galego o longo da historia; nos inicios, lembremos, foi unha língua moi usada e tamén intelectual (exemplo das Cantigas a Santa María de Alfonso X "O sabio"). Nos sucesivos siglos foi perdendo importancia debido a que os grandes propietarios, ricos, e diversas autoridades fixeron do castelán o idioma máis culto, e así relegaron ao galego a xente do pobo. Deuselle o galego unha fama de idioma dos parvos ou dos ignorantes, da xente de pobo, e o castelán da xente culta e de cidade. Foi unha mágoa, xa que dese modo perdéuse moito potencial de expandir a lingua galega.Incluso pasaron épocas no que o galego estaba perseguido, falalo e expresarse en él. Pero pese a toda-las adversidades que tivo sempre, sobreviviu.E sobreviviu hasta hoxe, época na que se está facendo un bo traballo (dende o meu punto de vista) a favor do galego a través da ensinanza, programas e cursos de todo tipo que fan promoción do galego. Hai quen di que estase a facer unha persecución do castelán, pero non creo que sexa así. O galego agora fálase máis, fálase moito, tanto a xente de pobo como a de cidade. Xa deixou de ser unha lingua de ignorantes, para ser unha lingua que se pode usar en calquer ámbito, tánto familiar como profesional.
Galicia como pobo ten duas línguas: o galego e o castelán. Non se debe arrinconar ningunha das dúas linguas. Todo o mundo debería coñecer as dúas, pero non por imposición, senon por enriquecimento persoal, xa que o coñecemento das culturas que forman a nosa vida é algo sempre positivo. E tamén porque tanto ún como outro idioma forman parte da vida galega.E non é nin mellor nin peor falar nunha ou en outra língua. A mín encántame o galego, pero teño que recoñecer que non é a miña língua materna, senón que o é o castelán, pero elo non me pode impidir que o fale e que estime moito o galego.Xa digo, o galego, unha língua de poetas, unha língua melodiosa que pese a todos os esforzos realizados, inda creo que non está o bastante recoñecida.Tamén por iso, creo que todos os que falamos o galego temos que facer un esforzo en estimalo como se merece e de difundilo e dalo a coñecer ao maior número de persoas posibles. E non nos enganemos fai moito tempo que hai xente facendo isto, senon miremos aos emigrantes galegos que foron moi lonxe de Galicia a vivir a súas vidas; agora os seus fillos ou netos son capaces de falar galego e coñecen perfectamente a cultura galega, é un gran logro que todos deberíamos axudar a facer dende as nosas posibilidades.E non debemos caer no erro de acotar o galego a Galicia, senón que debemos abrir e ensanchar as súas fronteiras na búsqueda dun maior coñecemento do idioma fora.Tampouco debemos caer no erro de asemellar o galego e aos que falan galego ao independentismo. Non se pode relacionar, e inxusto e ignorante.Unha aperta nun día como hoxe a todolos galego-falantes, e felicidades por seguir mantendo viva unha língua tan fermosa.

0 comentarios: