Decatarse do evidente

Posted: jueves, 22 de mayo de 2008 by Hari_Seldon in Etiquetas:
0

Baixo a sonbra dunha nova esperanza fixo a súa resistencia a soledade."¿Soledade?" Pensou. Decatárase o millor demasiado tarde de que era a millor opción, elexida ou non, para aquel momento.Dixose a sí mesmo que tiña que aceptala. Se non o facía xa dunha vez, corría aquel risco de voltar ao pasado. Aquel pasado escuro e tenebroso que moitas veces recordaba con recelo pero que tampouco parecía demasiado convencido de esquecer.Máis era como unha contradicción. VOltar ao temido, pero voltar querendo.Por iso, despois de moitas veces nas que caeu na trampa de voltar alí, chegou o momento no que dixose a sí mesmo que non o faría máis. Era facerse dano a él. E non era nada bo.Así que aceptouna. ¿Con resignación? Pode ser, pero tamén coa esperanza e a seguridade que lle daba pensar que andaba no camiño correcto.Nin metas nin obxectivos marcou no seu calendario. Deixar correr, iso era o que tiña que facer.
Lembraba que non facía moito, pasara os días e as noites autoenganándose. ¿De qué lle serviu? A primera vista parecía que non de moito, pero facendo unha profunda reflexión e análise chegou a conclusión de que sí que lle servira de moito. Decatárase de que o tormento que vivíu tiña que pasar, cedo ou tarde, pero tiña que pasar... e pasou. Nin máis nin menos, sucedeu como todas aquelas cousas que teñen que suceder nesta vida e que fan que evolucionemos e continuemos o viaxe da nostra vida.
O gran paso de decatarse daquelo facía que agora tivese que pasar a acción. É dicir, que voltara 90º no seu pensamento e agora máis que nunca mirara hacia o futuro dunha forma que non fixera anteriormente.
Daquela...descubriu un novo sol.

0 comentarios: